2008/Call4Nodes/Ga

De Hackmeeting

Castellano Català Galego Euskara English Português Deutsch


Tabla de contenidos

CALL 4 NODES CHAMAMENTO Á PARTICIPACIÓN v.0.2

..:: coñecemento | tecnoloxía | poder | compartir | construir | resistir ::..

Intro

Esta mensaxe é unha invitación a participar no hackmeeting 2008 propondo nodos de traballo/actividade/difusión, e tecer, como vén sendo habitual, unha rede de actividades e encontros entorno ao hacktivismo, o ciberespazo, a telemática e as súas dimensións tecnopolíticas; nun fin de semana liberado no que se manifesta o ciborg de multitudes que é o Hackmeeting (HM).

Como xa saberás o HM é un encontro participativo no que a dicotomía organizador/asistente dilúense na necesidade de autoxestionar o encontro colectivamente. Entendemos o HackMeeting como unha rede de actividades autoorganizadas (talleres, charlas, mesas redondas, exposicións, posters, etc.) que chamamos nodos. Calquera persoa é libre de coordinar, presentar, difundir un nodo dentro do hackmeeting: ÚNECHE A La REDE.

A lei da UE que trata de restrinxir as comunicacións P2P no 2010 nos países membro, o DNI electrónico, RFID, lexislación LSSI/PLCD/LSI/LOPD, chip subcutáneo e a biometria de controle de masas, canon que anula a presunzón de inocencia, cámaras de tráfico e en cidades que controlan os movementos, varridos electrónicos na procura de palabras "chave" en conversacións alleas, tráfico de dados corporativo e governamental, listas de "delincuentes", e un sen fin de ameazas contra as liberdades fundamentais, que moitos outros antes pagaron co seu sangue para que podamos gozalas agora, e que un hacktivista sempre valora.

Acabouse a hora do Gran Irmán, é tempo de compartir libremente, de crear, de sentir, de buscar sentirse e facer sentindo, de realizarse, de cumprir co desexo inato de moitos por axudar e ser axudados, por aprender, por dicir, sorrir, teclear, codificar, tocar, hackear, explicar, e un longo número de motivacións que un hackmeeting contén no seu interior.

É momento de actuar e ser consecuente. De vivir a experiencia do hacktivismo en estado puro.

Onde e Cando: 17, 18 e 19 de Outubro no CSOA A Casa Invisible de Málaga.

Deadline para propostas: 10 de Outubro

Temas

Estes son algúns dos temas que se trataron noutros hackmeeting ou sobre os que nos gostaría compartir no próximo. Pero non son os únicos. Buscamos novos puntos de vista e descobrimentos que vos interese mostrar, debates que queirades coordinar, ideas e técnicas que queirades compartir.

  • Reality hacking
  • Copyleft
  • Defensas fronte ao copyright
  • Redes sen fios (wireless) autoxestionadas
  • Telemática e (contra)información alternativa
  • Servidores autónomos, ISPs alternativos, data centers alternativos
  • Programas libres: GNU/Linux, Debian, etc.
  • Criptografía, esteganografía
  • Edición de vídeo e audio con ferramentas e formatos libres, mediactivismo
  • Hacktivismo
  • Gobernos na rede: LSSI, leis de cibercrimen, enfopol, censura, nova lei da propiedade intelectual...
  • Corporacións na rede: copyright, patentes, espionaxe, monopolios ...
  • Educacion e novas tecnoloxías
  • Acceso universal á rede, ao coñecemento e á técnica
  • Desobediencia Civil/Social Electrónica
  • Ciberpunk
  • Artivismo, guerrilla da comunicación
  • A okupación de makinas é como a okupación real? Asesoria legal
  • Xenealoxía de Internet e relación cos movementos sociais
  • Filosofia hacker
  • Privacidade, anonimato, pseudonimato na rede
  • Hacklabs
  • Reciclaxe de ordenadores
  • Iniciación a GNU/Linux, a TCP/IP, a contrasinais...
  • Phreak
  • Hacking
  • Enxeñería inversa
  • Virus, intelixencia artificial, vida artificial, cibernética
  • Cartóns intelixentes, sinatura dixital, e-DNI
  • Trucos (sacar enerxia do teléfone, montar unha mesa de PC con materiais reciclaxes, etc)
  • Concursos
  • Mesas redondas sobre libros ciberpunk ou calquera dos outros temas desta lista
  • Anarcofuturismo
  • Tecnoliberación (RFID, DRM...)
  • Redes P2P (TOR...)
  • Hacking xurídico
  • Hibridazón de xeomundo e cibermundo en arquitectura e urbanismo
  • Wiki-cartografía
  • Máis aló da participación pública: a produción creativa do común


Modalidades

As modalidades son todas abertas, aí van algunhas suxestións:

  • Cartazes (que expliquen ou sinteticen as actividades dun grupo, a ideas de alguén, a forma de facer algo ou os resultados dunha investigación/proxecto)
  • Palestras (Duración aproximada 45 minutos e 15 máis para perguntas)
  • Obradoiros (Duración aproximada dúas-tres horas, carácter máis participativo e produtivo que unha palestra)
  • Reunións de coordinación
  • Mesas redondas
  • Exposicións (material GPL, computadores antigos, artefactos enxeñosos, ...)
  • Performances (teatros, exposicións móbiles, ...)

Ademais das modalidades presenciais, o HM tamén admite participación virtual, serán benvidos texto, vídeo, audio que será pendurado na rede (así como calquer outra cousa que se vos ocorra en formato dixital).

Como propor un nodo

Todas as propostas de nodos coméntanse na lista de correo do HM (hackmeeting sindominio.net), recomendamos, xa que logo, que te subscrebas á lista en http://listas.sindominio.net/mailman/listinfo/hackmeeting

para empezar a participar no nodo que propoñas e ver o proceso que segue a túa proposta.

En calquera caso para propor un nodo envía unha mensaxe co encabezamento "[nodo] nome_proposta" a estas dúas direccións:

  • hackmeeting sindominio.net
  • charlas sindominio.net (esta última encarregada de coordinar os horarios das actividades-nodo do HM).

No corpo da mensaxe propomos que enchas o seguinte formulario (ou o modifiques ao teu gosto ou esixencias da túa proposta):

  • Información para o público/participantes
  1. . Modalidade
    1. Palestra
    2. Obradoiro
    3. Mesa redonda
    4. Cartaz
    5. Exposición
    6. Reunión coordinación
    7. Performance
    8. Outros
  2. Nome do\/a dinamizador/a, autor/a, coordinador/a #

Título(s)

  1. Resumen
  2. Palabras chave
  3. Coñecementos recomendados para os participantes
  4. Estrutura/contido
  5. Metodoloxía: exposición, discusión, cacharreo, etc.
  6. Duración
  7. Leituras recomendadas. Para a xente que queira entrar no tema antes de entrar no nodo.
  • Información para coordinar:
  1. Material necesario (incluíndo tipo de espazo por se fai falta un espazo aberto sen cadeiras ou o que sexa).
  2. Preferencias de horarios
  3. Seguridade de asistencia (do 1 ao 10)
  4. Documentos ou arquivos do nodo (se a hai, para pendurar na web: transparencias, textos, programas, etc.)

Outras formas de participación

Outras formas de participación aparte dos nodos de actividades (como achegar material, participar nas asembleas, coordinar actividades, facer streaming, traducións, etc.) son benvidas e necesarias. Para máis información e coordinación a asemblea do HM reúnese virtual e permanentemente na lista de correo hackmeeting sindominio.net. Podedes subscribirvos en: http://listas.sindominio.net/mailman/listinfo/hackmeeting

Máis información

O primeiro hackmeeting fíxose en Florencia o 1998 e desde entón fóronse repetindo anualmente en Italia (a web http://hackmeeting.org recolle o último HM celebrado en Italia e enlaces a todos os anteriores). O 2000 celebrouse o primeiro hackmeeting hispanoparlante en Barcelona e fomos repetindo o encontro todos os anos.

Para máis información nos podeis escribir á lista de correo hackmeeting sindominio.net ou visitar directamente a páxina web do hackmeeting:

http://sindominio.net/hackmeeting

Herramientas personales
wiki-navigation
project-navigation