2008/manifiesto/Ga

De Hackmeeting

(Diferencias entre revisiones)
Revisión actual (16:27 29 ene 2009) (ver código fuente)
 
Línea 59: Línea 59:
É momento de actuar e ser consecuente. De vivir a experiencia do hacktivismo en estado puro.  
É momento de actuar e ser consecuente. De vivir a experiencia do hacktivismo en estado puro.  
 +
 +
17, 18, 19 de Octubre en LaInvisible, Málaga
 +
"We hack our digital freedom" :)}}
"We hack our digital freedom" :)}}
[[Categoría:Manifiesto]]
[[Categoría:Manifiesto]]

Revisión actual

Català Euskara Castellano English

Manifesto 2008

A sociedade da información avanza en aceleración. A cada segundo máis datos poboan Internet e outros meios telemáticos. As nosas vidas achéganse á ciber-realidade e a súa velocidade aumenta a un ritmo vertixinoso mentres nova información alimenta continuamente o maior legado humano creado ata a data. Modifícase, rexenera e cambia, constatando o valor da propia Rede.

Crecen as comunicacións, as comunidades e os seus ideais. Expándense as creacións mentres soan tambores de guerra, algúns afastados, outros que gritan, e outros máis que pálpanse cada vez máis preto das rúas. A Rede axítase... e obedece.

Avanza o virus do consumismo como única via para o lecer, destápase a función militar de Internet, corrómpense os ideais primarios. Os intentos duns poucos de por portas ao campo convértense en novas formas de "legalidade", de ortodoxia. A Rede é corrompida: búscanse chibas expiatorios, privatízase, acábase coas esencias, as cores básicas, os sons harmónicos, a liberdade de vivilos.

A sociedade neoliberal presente en todos os aspectos da vida cotiá dos seres humanos actuais, estende as súas ramas e poboan o devir das persoas, das ciencias, das artes, e por suposto, das tecnoloxías. Nun basto intento de extinguir a cultura, de reducila a simple produto de consumo, simular unha cidadanía consumista nun ambiente dixital, infestado de trampas, cartóns de crédito e sobre todo, ignorancia telemática.

Chega agora unha nova morea de lexislacións sobre as novas realidades que se fixeron posibles en Internet vendidas como leis de protección e seguridade para a sociedade, pero cuxa finalidade non é outra que a monopolización da produción e a criminalización de espazos de creación e intelixencia colectiva, con obxecto de obter un maior poder capital e patrimonial oligárquico.

Por iso a responsabilidade dos hacktivistas non é só a de hackear sistemas, infraestruturas de datos, ou crear código que fomente á súa vez licenzas libres: a responsabilidade pasa por hackear as nosas mentes. Por modificar aspectos complexos, forxados en moitas ocasións por influencias televisivas ou virales, e superar as barreiras da conciencia humana para relatar os posibles futuros que a todos ábrenllenos con era dixital.

Crear un espazo físico e virtual onde ser críticos coa realidade, onde non haxa oco para o conformismo e o deixamento, onde cada un sexa un mesmo, e senta o que di, e poida sentir o que din os demais, baixo un marco conxunto de respecto, admiración, e por encima de todo, entusiasmo.

As liberdades do futuro defíneas o hacktivismo do presente. Non é preciso sufrir as ataduras para saber o que significa ser libre.

Os hacktivistas localizan os bugs dos sistemas políticos e telemáticos. Utilizan a razón como a súa arma, e o corazón como o motor, sempre resístese a ser un escravo da computadora, un ente trivial, un simple técnico ou un produto da desinformación. A liberdade o primeiro, e a privacidade vai da man.

A lei da UE que trata de restrinxir as comunicacións P2P no 2010 nos países membro, o DNI electrónico, RFID, lexislación LSSI/PLCD/LSI/LOPD, chip subcutáneo e a biometria de control de masas, canon que anula a presunción de inocencia, cámaras de tráfico e en cidades que controlan os movementos, varridos electrónicos en busca de palabras "crave" en conversacións alleas, tráfico de datos corporativo e gobernamental, listas de "delincuentes", e un sen fin de ameazas contra as liberdades fundamentais, que moitos outros antes pagaron co seu sangue para que podamos gozalas agora, e que un hacktivista sempre valora.

Acabouse a hora do Gran Irmán, é tempo de compartir libremente, de crear, de sentir, de buscar sentirse e facer sentindo, de realizarse, de cumprir co desexo innato de moitos por axudar e ser axudados, por aprender, por dicir, sonreir, teclear, codificar, tocar, hackear, explicar, e un longo número de motivacións que un hackmeeting contén no seu interior.

É momento de actuar e ser consecuente. De vivir a experiencia do hacktivismo en estado puro.

Manifesto 2008

A sociedade da información avanza en aceleración. A cada segundo máis datos poboan Internet e outros meios telemáticos. As nosas vidas achéganse á ciber-realidade e a súa velocidade augmenta a un ritmo vertixinoso mentres nova información alimenta continuamente o maior legado humano creado ata a data. Modifícase, rexenera e cambia, constatando o valor da propia Rede.

Crecen as comunicacións, as comunidades e os seus ideais. Expándense as creacións mentres soan tambores de guerra, algúns afastados, outros que gritan, e outros máis que pálpanse cada vez máis preto das rúas. A Rede axítase... e obedece.

Avanza o virus do consumismo como única via para o lecer, destápase a función militar de Internet, corrómpense os ideais primarios. Os intentos duns poucos de pór portas ao campo convértense en novas formas de "legalidade", de ortodoxia. A Rede é corrompida: búscanse chibas expiatorios, privatízase, acábase coas esencias, as cores básicas, os sons armónicos, a liberdade de vivilos.

A sociedade neoliberal presente en todos os aspectos da vida cotiá dos seres humanos actuais, estende as súas ramas e poboan o devir das persoas, das ciencias, das artes, e por suposto, das tecnoloxías. Nun basto intento de extinguir a cultura, de reducila a simple produto de consumo, simular unha cidadanía consumista nun ambiente dixital, infestado de trampas, cartóns de crédito e sobre todo, ignorancia telemática.

Chega agora unha nova oledada de lexislacións sobre as novas realidades que se fixeron posibles en Internet vendidas como leis de protección e seguridade para a sociedade, pero cuxa finalidade non é outra que a monopolización da produción e a criminalización de espazos de creación e intelixencia colectiva, con obxecto de obter un maior poder capital e patrimonial oligárquico.

Por iso a responsabilidade dos hacktivistas non é só a de hackear sistemas, infraestruturas de datos, ou crear código que fomente á súa vez licenzas libres: a responsabilidade pasa por hackear as nosas mentes. Por modificar aspectos complexos, forxados en moitas ocasións por influencias televisivas ou virales, e superar as barreiras da conciencia humana para relatar os posibles futuros que a todos ábrenllenos con éraa dixital.

Crear un espazo físico e virtual onde ser críticos coa realidade, onde non haxa oco para o conformismo e o deixamento, onde cada un sexa un mesmo, e senta o que di, e poida sentir o que din os demais, baixo un marco conxunto de respecto, admiración, e por encima de todo, entusiasmo.

As liberdades do futuro defíneas o hacktivismo do presente. Non é preciso sufrir as ataduras para saber o que significa ser libre.

Os hacktivistas localizan os bugs dos sistemas políticos e telemáticos. Utilizan a razón como a súa arma, e o corazón como o motor, sempre se resiste a ser un escravo da computadora, un ente trivial, un simple técnico ou un produto da desinformación. A liberdade o primeiro, e a privacidade vai da man.

A lei da UE que trata de restrinxir as comunicacións P2P no 2010 nos países membro, o DNI electrónico, RFID, lexislación LSSI/PLCD/LSI/LOPD, chip subcutáneo e a biometria de control de masas, canon que anula a presunción de inocencia, cámaras de tráfico e en cidades que controlan os movementos, varridos electrónicos en busca de palabras "crave" en conversacións alleas, tráfico de datos corporativo e gobernamental, listas de "delincuentes", e un sen fin de ameazas contra as liberdades fundamentais, que moitos outros antes pagaron co seu sangue para que podamos gozalas agora, e que un hacktivista sempre valora.

Acabouse a hora do Gran Irmán, é tempo de compartir libremente, de crear, de sentir, de buscar sentirse e facer sentindo, de realizarse, de cumprir co desexo innato de moitos por axudar e ser axudados, por aprender, por dicir, sonreir, teclear, codificar, tocar, hackear, explicar, e un longo número de motivacións que un hackmeeting contén no seu interior.

É momento de actuar e ser consecuente. De vivir a experiencia do hacktivismo en estado puro.

17, 18, 19 de Octubre en LaInvisible, Málaga

"We hack our digital freedom" :)}}

Herramientas personales
wiki-navigation
project-navigation