2012/Manifesto

De Hackmeeting

castellano

Infopoint

Nodos

Parrilla

Coordinación

Tareas

euskera

català



Pola autosuficiencia tecnolóxica


Manifiesto Hackafou, Hackmeeting 2012


Este ano temos comprendido o que significa voltar ao pasado e pensar: “Se fai uns anos chegan a dicirme que ía chover todo isto, non habería quen o crese”. Se existe un teito de vidro en relación ao control social, a monopolización, a vixilancia e a pérdida de dereitos, tanto na rede como fora dela, estámonos a achegar perigosamente a el. A máquina de facer miseria está aumentando de velocidade, e a súa forza centrípeta lévanos aceleradamente cara unha ecuación na que, cada vez máis, somos excedente do seu algoritmo baseado no crecemento absurdo e exponhencial do consumo da escasez. Rondános pola testa, xira , taládranos, susurrámolo na nosa intimidade, berrámolo xuntas nas rúas. Ruinas por tumbar... fendas por abrir para acelerar a súa caída. As ruinas da ciencia e da tecnoloxía, os complexos tecno-militar-industriais, a miseria na cesta básica de alimentos, a linaxe, e a clase social para o acceso ao conhecemento tecnolóxico e científico, todos os anos de censura e manipulación do pensamento para que creas na verdade inexistente, o prezo a pagar pola venta da túa efímera vida ao servizo dunha utopía que non chega porque nunca somos todas á vez, os infinitos cataclismos individuais, o peso do seu punho sobre a mesa no momento de construír o que é noso, a histeria pola búsqueda dunha falsa seguridade baseada na necesidade de aprobación do outro, o servilismo ao capital, a experimentación co sofremento alleo, a especialización que te fagocita, a inmobilización das conciencias polos mecanismos de represión e censura, as novas catedrais con forma de falo, os saberes herméticos supertrascendentais que non entenderás xamais e que son as fábricas na producción de axiomas de conhecemento moi ben fiados e sen saída, no exit, o espazo público sen dereito á cidade, á extinción de todas as especies que eran donas de si mesmas sobre o asfalto, sobre as súas engranaxes alleas á propiedade e ao estado, a xente que pertence ás rúas, prostitutas, migrantes, precarias, okupas, vellas, deshauciadas, desheredadas... A moda da "revolución", saqueada e convertida en mercadoría RT, e todos os intereses ocultos de parálise e inmobilizacion que imponhen as súas ferramentas de control para que a revolución non esté nas rúas, nen no pobo, nen na xente, nen no bater dos corazóns... O consumo do inútil e das tecnologías cylon, sempre ocultas, sempre vixiantes... Si, eles venhen servéndose da nosa capacidade de crear en función do proveito selectivo duns poucos: os que intermedian as nosas creacións, traballo, recursos... onde cada día nos precisan máis ye apertan as súas cadeas ..... mentras a nós o espello devolvénos a evidencia de que podemos vivir, crear e amar sen intermediarios, e a cadea no outro lado convértese na estela dun cometa. ¿Como reapropiarse dos nosos pasados e futuros para reconstruír os nosos presentes? / ¿Que facemos cos nosos sonhos e desexos, agora e aquí? / ¿Como marchar deste planeta en ruinas e construír as nosas sociedades sonhadas? A Asociación de Astronautas Autónomos apontaba que “Non temos o futuro trazado á espera de caír do ceo cando sexa o momento axeitado". Só temos unha idea limitada de a que se semellarán, nos seus inicios, as comunidades no espacio exterior. E moito menos despois de cen anos. Encontrar as respostas é a miúdo sempre a mellor parte, o obxectivo dos xogos aos que nos adicamos. Somos persoas interesadas ​​nas posibilidades e na experimentación, e non en ter a "linha correcta" ou "razón en retrospectiva”. Porque sabemos que non existe, e non queremos que nos mintan. O que si sabemos é que este habitar os espacios exteriores, limítrofes, abandonados ou desertificados, transformara-os e devolveralles novas vidas. Pasarán de ser antigos espazos industriais, xoguetes rotos, a ser espazos nos que articular a autoxestión, a autonomía, a colaboración e producción do común e as novas soberanías (ecolóxicas, enerxéticas, tecnolóxicas). Nas nosas cidades invisibéis pululan os morcegos e os seus ultrasons chían “¡Temos tomado a humilde decisión de non retroceder!”. Aínda que todas as persoas levamos cargas de pensamento autoritario, patriarcal, capitalista, individualista, e que o simple feito de habituarnos a durmir, comer e vivir xuntas, non nos vai libertar máxicamente deste feito. Pouco a pouco aprendemos a soltar as nosas amarras e a atopar solucións diferentes. Non estamos aquí para ponhernos en mans de papá e mamá 'comunitarios',estamos aquí para construír espazos e redes sociais libres, baseándonos no compromiso, a responsabilidade e a auto-disciplina anarquista, e nas que podemos compaxinar os nosos recursos, conhecementos e desexos, recuperando as nosas soberanías e facultades. As ideas detrás de Barrilonia, Casablanca, a Kasika, La huelga, a Universitat Lliure de la Rimaia, a Fibra, RuysdaelStraat e todos os espazos desaloxados e os Hacklabs que habitan as nosas memorias interneurenais e que nos forxaron, permanecen. Aquí e agora. Aquí e para nós. Ésta é a nosa resposta ao abuso do poder: a autonomía, a nosa estratexia de vida fronte ao colapso do capitalismo tardío, nun lugar agreste e dificil, transformar en belas os nosos ollares sobre a nosa cotidianidade e facerse conscientes da nosa presencia cos dous pés apoiados sobre a terra e a ruína, coa testa emerxendo cara o espazo e as nosas ideas. Somos a resistencia facendo fronte á obsolescencia programada creando novas tecnoloxías cos aparatos, saberes e quefaceres dados por acabados polos nosos preguizosos e conformistas antecesores.


¡¡Ruxindo!! Estamos quentando motores, ¡Xunto ás cen mil hacktivistas, Hécate está en caminho!




wiki-navigation
project-navigation