Programas

O teu programa


A Piratona é o medio para difundir as voces que non teñen oco nos grandes medios.

Se tes algo que contar non dubides en facelo a través do teu propio programa, escribe a piratona@sindominio.net.

Galiza Metálica

Programa semanal adicado a dar visibilidade a escena undergound galega, dirixido por Patty Castro creadora de Mulleres Galega Kañeras e vocalista, xunto con Filipe Marta locutor do mítico programa de radio de Antena Minho S.O.S heavy metal radio show. Con colaboradores e especiais, entrevistas, novidades e concertos.

Cando dorme o ghato

Un programa para celebrar a música. De moitos estilos, orixes e idiomas. Procurando dar a coñecer a artistas, e lembrar a outros xa consagrados. Sempre queremos de preferencia música KM 0, pero todo o mundo pode mandar as súas propostas a candodormeoghato@gmail.com.

Esperta

Esperta Valladares, programa mañaneiro diario. Analizamos en directo a actualidade de Vigo, Valadares e arredores.

Proxecto Neo

Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. O programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes.

Enough records

Enough Records é unha netlabel. Foi fundada no 2000 por tres entusiastas portugueses da demoescena: Fred, H4rv3st e ps. O lanzamento oficial do catálogo foi relanzado en 2001. Ten sido xestionado por ps e unha morea de mans axudantes desde 2003.

Ábrete de orellas

Versión radiofónica de Ábrete de orellas.com dirixida por Pepe Cunha. Unha selección musical ecléctica inspirada na axenda de concertos en Galiza e novidades discográficas. Gravado e emitido ao vivo en Rádio FilispiM, a emisora libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite desde Ferrol.

80 vinilos/h

80 Vinilos/h, un programa de música estatal dos 80´s con especial parada nas rarezas de "La Movida" e inclusión da Enciclopedia Estatal desta década.

Off mental

Off mental, a cara "B" da música na cara "B" da radio. Apresenta: Pequeno Monstro.

Conselleiro Molotov

Programa de debate político.

Barriga Verde

Programa cultural.

Residuo Cero

Ecoloxía, medio ambiente e sociedade.

Radio Cerna

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Isto é galego

Espazo para aprender a falar ben o galego de xeito divertido. Isto é galego é un traballo de moitos meses, feito integramente por persoas voluntarias que puxeron a súa creatividade, o seu esforzo e a súa ilusión na que pretendemos sexa unha ferramenta útil para a nosa lingua propia.

Espazo xuvenil

Un espazo coas seccións creadas pola xente mais nova.

Starfrosch

Espazo musical con contidos distribuidos baixo licencia Creative Commons.

Nectarine

Escena. A fronteira final... estas son as viaxes da nave espacial Nectarine. A súa misión continuada: explorar sons estraños e novos; procurar novos sintetizadores e arpexios; transmitir audazmente o que ninguén transmitiu antes.

Programas antigos

A madriguera

Os mellores sons xamaicanos desde as Rías Baixas, 100%Vinilo!

Revolution

Podcast en galego que trae as novidades e nostalxia do mundo dos videoxogos. Presentado por Fabián Bastos e Sergio Fernández.

Cine beta

Actualidade cinematográfica, estreas e a relevancia destas na sociedade así como o contexto dos éxitos e fracasos no mundo da cultura contemporánea.

Lapis e papel

Podcast radiofónico en lingua galega que trae a actualidade das artes escénicas e axenda teatral de Vigo e a súa comarca. Presentado por Fabián Bastos.

Semente radio

Estar en contacto cos nosos ciclos naturais, cos ciclos da terra apoiando a permacultura do ser.

A xanela

A Xanela é un medio de comunicación audiovisual, democrático e colectivo, orientado á promoción de contido social, político e cultural.