23 anos de rádio piratona

Radio Piratona, máis de 20 anos contrainformando na ría de Vigo.

Benvidxs á páxina web da Radio Piratona, unha radio libre que emite desde Vigo, cunha longa historia ás suas costas. Un feixe de anos que deron cabida a moi diversas etapas, pero sempre mantendo esa cualidade de radio libre, medio de comunicación para as voces sen eco nos grandes medios.

Nunha sociedade que ten unha realidade altamente centralizada e uniformizada pola información, onde os medios de comunicación son poder e están ao servizo do poder, as radios libres xurden ante a necesidade e o dereito que toda persoa e colectivo ten a expresar libremente opinións e a criticar e ofrecer alternativas a todo o que nos afecta directa ou indirectamente.

A Piratona realizou a súa primeria emisón o 8 de marzo de 1988 (coincidindo co Día da Muller Traballadora) desde a escola de FP do bairro de Teis, coa intención de criar unha alternativa de comunicazón para dar a conhecer as formas de cultura popular diferentes á oficial e subvencionada polas administrazóns públicas (hai que lembrar que eran os tempos da famosa “movida dos 80”), mais pronto foi censurada polo claustro da mesma ante a ameaza por parte do Ministerio, dado o carácter ilegal da emisión, pasando a emitir desde a clandestinidade o 17 de maio (Dia das Letras Galegas) do mesmo ano. 

 

 

O noso principal obxectivo é constituirmo-nos en veículo de expresón para todos os colectivos e persoas que compartan a nosa declarazón ideolóxica, para que así podan dar a conhecer as suas loitas, actividades, ideas, valores, denúncias... cousas todas elas sistematicamente excluidas dos médios de comunicazón de masas, dedicados á produzón e comercializazón duns contidos que non tenhen máis fin que a xerazón de benefícios para xs seus propietarixs e a consolidazón dos valores (competitividade, exclusón, sexismo, xenofobia...) que sostenhen o modelo de sociedade no que vivemos. A Rádio Piratona é unha rádio livre e independente que pretende ser reflexo das cousas que pasan ao noso redor, unha rádio feita por e para a xente da rúa que procura alternativas ao sistema des-informativo e manipulado dos mass media. Como dicimos na nosa declarazón de ideas: queremos ser a voz dxs sen voz. 

Podedes contactar con nós a través do noso correo electrónico no enderezo piratona@sindominio.net, ou a través do correo convencional dirixindote a Caixa de Correos 8278-36200 (Vigo).

Se queres formar parte da Radio ou se tes algo que dicir, debatir, denunciar, anunciar, ou enviarnos as tuas opinións, críticas, suxeréncias, etc. estes son os medios para facelo.

Adiante!

 


08/03/2012: mais um ano da piratona

O passado 8 de Março, Dia da Mulher Trabalhadora, a Rádio Piratona fez mais um ano de existência (e vam 24, já!). Nestes momentos, em que atravessamos bastantes dificuldades técnicas (que esperemos que desta vez sim terminem em breve), agradecemos mais do que nunca a todas as pessoas e colectivos que nos apoiades ou tedes colaborado com nós, vides contar-nos cousas e, claro, a quem nos escuitades.

 

Para quem nos esteades procurando polas ondas, polo momento a rádio nom está a emitir nem a produzir novos programas. Continuamos a trabalhar para conseguir umha situaçom técnica estável. Agora mesmo só poderedes ouvir programas antigos através deste web. Esperamos poder ter novas quanto antes da nossa volta às ondas. 

 

Obrigadxs a toda a gente que nos tedes acompanhado estes anos. 

RÁDIO PIRATONA - 24 ANOS NAS ONDAS DA RIA DE VIGO

 

história da rádio

assim foi...

Radio Piratona é unha radio libre que emite desde vigo, cunha longa história ás suas costas. Un feixe de anos que deron cabida a mui diversas etapas, definidas estas por pequenos (e non tan pequenos) paróns, cámbios de local, de membr@s e de organización ideolóxica, pero sempre mantendo esa cualidade de rádio libre, meio de comunicación para as voces sen eco nos grandes meios do empresáriado e a banca.

Radio Piratona comeza a emitir o 8 de marzo de 1988 (Dia Internacional da Muller Traballadora), no 104.9 FM desde a escola de FP de Teis con un emisor de 15 W mono. O 16 de marzo a radio recibe unha carta do Ministério de Transportes, Turismo e Comunicacións datada a 9 de marzo, e na que advirten de que no caso de non cesar de inmediato a emisión poderían sancionar á Radio Piratona con 10 millóns de multa e a incautación das equipas. O 8 de abril a Radio Piratona estrea un emisor de 80 W estéreo. O 13 de maio, o claustro da escola de FP de Teis resolve, por aplastante maioría, o peche da Radio Piratona.

O 17 de maio (Dia das Letras Galegas) Radio Piratona pasa á clandestinidade, tendo que comezar desde cero a buscar local e equipas. O 21 de maio Radio Piratona organiza o primeiro encontro das rádios libres galegas na casa da xuventude. A primeiros de outubro Radio Piratona xunto co fanzine o coiote e o grupo de teatro Trepanocoqueiro forman a Asociación Cultural Talerapi. Esta asociación leva a cabo unha intensa actividade cultural, como resposta a "movida de vigo" promovida polo goberno municipal.

Non sabemos a data en que piratona se instalou nun céntrico pub da cidade, nin canto tempo estivo emitindo desde alí. Si sabemos que marchou deste local a finais do 93. Para entón, xa non existian nen o fanzine nen o grupo de teatro, e o grupo de xente que comezara co proxecto renovarase case por completo. Este novo grupo de xente decide trasladar a emisora a un centro social okupado, "A Ruela", sito no céntrico caleixón de Núñez, e desde onde nunca se chegou a emitir por impedimentos técnicos. Pero a radio segue a organizar actividades para recadar fondos, e traballa na sua organización interna.

Tras o desaloxo da ruela, finalmente a radio instalase mui pertiño da sua actual ubicación (e que non facemos pública por motivos de seguridade). En febreiro de 1996, Piratona comeza a emitir no 103.6 FM. Desatase entón outra etapa de intensa actividade. Preto de 100 persoas pasan pola radio en apenas tres anos. Entre as actividades organizadas podemos destacar as xornadas "viver sen título", no verán do 1996, e a participación no desfile de comparsas organizado polo concello no Entroido do 1997 (gañamos un accésit e todo).

Tan só uns dias despois, a Radio Galega decide adxudicarse unha nova frecuéncia polo morro, que fixate que casualidade, era xustamente a nosa. Nengún problema, piratona estrea novo dial, o 107.7 FM por parte da administración, a actitude é kafkiana: ninguén sabe nada, ninguén contesta.

O 3 de novembro de 1998 o emisor sofre un infarto e deixa de funcionar, polo que a radio deixa de emitir. Entre o 7 e o 21 de novembro rouban do local da radio un reprodutor de cd's, duas pletinas e unha mesa de misturas. As sospeitas mais que fundadas de que o roubo foi levado a cabo desde dentro, fai que un grupo de xente, parte da cal estaba na radio e parte non, propoña unha clausura temporal e indefinida do proxecto. Este parón prolongaria-se até finais do 2001. Tres anos sen emisión nos que a rádio pasa polo que nós chamamos "a travesia do deserto": volta a recadar fondos, conseguir equipas, local, e unha mellor organización interna que asegure a viabilidade do proxecto sen traicionar os seus princípios.

Por fin, en agosto do 2001 comezan as obras no novo local de piratona, e a princípios de decembro unha nova etapa de emisión, con praticamente todas as equipas do trinque, incluido o emisor, o cabo e a antena, esta vez desde o 106.0 FM tamén vimos de recuperar a Asociación Cultural Talerapi. Agora, as/os que somos estamos a pór toda a ilusión do mundo para que este pequeno recuncho de libre información e expresión que é a radio siga cara adiante.

 

 

Conteúdo sindicado