madhack 2002 CSOA Labo3  

Navega por el hackmeeting virtual:
Manifesto Madhack02 * Call for Papers * FAQS
Material * Charlas * CINE * Espacios * Cómo llegar
Lista de Correo * Enlaces * WIKI * Propaganda

madhack 2002   en construcción permanente
   

hackmeeting madhack02 en CSOA labo03

   
 
 
call for papers

I CALL FOR PAPERS AND PARTICIPATION

HACKMEETING MADRID 2002
Madhack'02
4.5.6 octubre
CSOA Laboratorio (Labo3)
Calle del Amparo 103. Barrio de Lavapiés.
http://www.sindominio.net/madhack02/

INTRODUCCIÓN

O nome e filosofía destas xornadas é emprestado e irmán dos hackmeetings que veñen de celebrarse en Italia dende 1998 (http://hackmeeting.org). A vontade, como alí, e falar nun ambiente distendido sobre os temas que preocupan á comunidade da rede, en tódolos aspectos posibles: técnicos, políticos, artísticos... xunta-las voces que aínda creen que temos a forza, animarnos mutuamente, coñecernos e discutir as nosas visións. ¿Quén somos? ¿Cara onde queremos ir? ¿Podemos aínda crear beleza coas máquinas?

TEMAS

O hackmeeting consistirá en charlas, debates e obradoiros, para os que se necesitan relatores. A súa chegada poderá ser ó estilo tradicional, asistindo á xuntanza de Madrid e poñendo a faciana, ou ben virtual, enviando textos que se farán públicos na convención física e na web.

Estes son algúns dos temas dos que gustariamos de falar no hackmeeting, pero non os únicos. Procuramos novos puntos de vista e descubrimentos que vos interese mostrar.


CHARLAS
  • *Wireless
  • *ADSL
  • *Informacion alternativa
  • *Programas ceibes
  • *Criptografía
  • *Vídeo
  • *Vídeoxogos
  • *Hacktivismo.
  • *Gobernos na rede. LSSI, leis de cibercrimen, enfopol
  • *Corporacións na rede. Copyright, patentes, espionaxe
  • *Ensino e novas tecnoloxías
  • *Acceso universal
  • *Ciberpunk
  • *Artivismo
  • *¿A okupación de mákinas é como a okupación real? Asesoría legal
  • *Xenealoxía de internet e relación cos movementos sociais
  • *Filosofía hacker
  • *Privacidade, criptografía, anonimato.
  • *Reciclaxe de ordenadores
  • *Iniciación a GNU/Linux, a TCP/IP, a contraseñas...
  • *Phreak
  • *Hacking
  • *Exeñería inversa
  • *Virus e vida artificial
  • *Tarxetas intelixentes, sinatura dixital
  • *Trucos (sacar enerxía do teléfono, montar unha mesa de PC con materiais reciclados, etc)
  • *Con-cursos
  • *Mesas redondas sobre libros
OBRADOIROS
  • *Obradoiros de reciclaxe de ordenadores
  • *Obradoiros de iniciación a TCP/IP, a contraseñas..
  • *Obradoiros de phreak, hack, crack, virii
  • *Trucos (sacar enerxía do telefono, etc)
  • *Tarxetas intelixentes, sinaturas dixitais
  • *Concursos
  • *Obradoiro de antenas wireless

CÓMO PARTICIPAR

O hackmeeting non é un congreso no sentido tradicional, en que unhas persoas cárganse con todo o traballo organizando e preparando charlas, e outros asisten meramente de espectadores, senón que para que haxa hackmeeting todo o mundo débese animar a aporta-lo seu graíño de area. Quen máis quen menos dos asistentes pode preparar un relatorio, ou axudar a organizar.

Algunhas recomendacións:

*Para o publico/participantes

  • 1. Dinamizador/autor
  • 2. Titulo(s)
  • 3. Resumo
  • 4. Verbas clave
  • 5. Coñecementos necesarios
  • 6. Estructura/contido
  • 7. Metodoloxía: exposición, discusión, cachoeira, etc.
  • 8. Duración
  • 9. Lecturas aconselladas. Para a xente que queira entrar no tema antes de ir ó relatorio.
Para coordinación:
  • 10. Material preciso (incluíndo tipo de espacio por se fai falta un espacio aberto sen cadeiras ou o que sexa).
  • 11. Preferencias de horarios
Charlas y talleres: Conversas e obradoiros: todos se comentan na lista de correo do hackmeeting, pero se non estás suscrit@ haberás de facelo para comezar a participar coa actividade que propoñas. Esta lista é na asemblea onde se decide se interesa ou non. Se aínda non estás suscrit@, o mellor é que o fagas para que ti mesmo olles o proceso que segue a túa proposta. Tamén podes escribir @s coordinadores de actividades, charlas@sindominio.net, que é un enderezo de correo, para que confeccionen o calendario de actividades. Teredes que dicirlles preferencias de horarios, material que precisedes, nivel da conversa, bibliografía, documentación previa, enlazamentos...

Organizacion: la lista esta abierta a quien quiera: a lista está aberta a quen queira: http://www.sindominio.net/cgi-bin/mailman/listinfo/hackmeeting

FECHAS

Fecha tope conversas físicas: finais de Setembro - 2002
Fecha tope relatorios virtuais: sen límite
Celebracion del congreso: 4.5.6 - octubre - 2002

    copyleft logoAdvanced Hacking | 2002