madhack 2002 CSOA Labo3  

Navega por el hackmeeting virtual:
Manifesto Madhack02 * Call for Papers * FAQS
Material * Actividades * Espacios * Cómo llegar
Lista de Correo * Enlaces * WIKI * Propaganda

madhack 2002   en construcción permanente
   

hackmeeting madhack02 en CSOA labo03

   
 
 
frequently asked questions, respuestas a preguntas frecuentes

QUÉN O ORGANIZA

A asamblea que se reúne virtulamente en hackmeeting@sindominio.net

QUÉ SIGNIFICA MADHACK02

Pois moi sinxelo. Mad por Madrid. En inglés significa loc+. El 02 porque estamos no ano 2002, e xa sabes esa moda de acurta-las datas. Asemade, as anteriores edicións do hackmeeting tamén xogaron con isto mesmo. Nembargantes, este ano había unha chea de cousas curiosas, a presencia do 03. É o terceiro hackmeeting, vaise celebrar no CSOA Laboratorio -coñecido como labo3- e está na rúa do Amparo 103. Ó cabo, madhack02.

¿E HAI HACKERS?

Non só e unha xuntanza de hackers. Nin tampouco é soamente un encontro de xente interesada nas novas tecnoloxías e nos seus aspectos sociais. É un encontro de xente interesada nas novas tecnoloxías e nos seus aspectos sociais que se realiza nun espacio liberado de Madrid, o CSOA Labo3, o centro social do barrio de Lavapiés.

O ano pasado celebrouse por segunda vez en Leioa, Euskalherria, e o primeiro en Les Naus de Barcelona. O nome é emprestado dos Hackmeetings italianos, que veñen de celebrarse dende 1998 en Centros Sociais Okupados e nos que nos inspiramos.

¿QUÉN SOMOS NOS? Un grupo de xente procedente de diversos cantos da rede, interesada en poñer mans á obra. A organización e coordinación faise a través dunha lista, aberta a quen queira aportar ideas, colaborar ou "lurkear".
* mensaxes á lista: hackmeeting@sindominio.net
* suscricion: envía un mail a hackmeeting-request@sindominio.net y pon "subscribe" (sin comillas) en el subject o asunto.
* arquivo público de mensaxes da lista:http://www.sindominio.net/pipermail/hackmeeting/


¿POR QUÉ FACEMOS ISTO?

Isto quere ser unha xuntanza sen máis pretensións que falar entre nos, que nos coñecemos maioritariamente por correo de mil historias 'cibersubversivas', e coller folgos no medio da ofensiva do 'Sistema' contra Internet, un lugar de ensino e comunicación ceibes que non quere deixar de selo.

O fulgor dos grandes movementos na bolsa ou os reiterados intentos de control por parte de corporacións e gobernos, parecen ter eclipsado ou desanimado ós seus habitantes que tentan, moitas veces en solitario, ila virando creando opinión, ofrecendo información voluntariamente ou argallando novas rutas e programas, para fuxir da presión e/ou por divertimento.

A nosa intención é xuntar estas voces que aínda cren que temos a forza, dentro, fora e a través da rede, animarnos mutuamente, coñecernos e discutir as nosas visións. ¿Quén somos? ¿Cara onde queremos ir?

¿EN QUÉ CONSISTIRA O HACKMEETING?

Basicamente, en conferencias e obradoiros, agás dun ciclo de cine ciberpunk, unha rede local e esmorgas :) Pero non sabemos aínda de que irán as charlas exactamente. Non somos suficientes para cubri-la que sería a nosa lista case perfecta de temas [*] pero farase o que se poida. Calquera persoa interesada en facerse cargo dalgún obradoiro ou conferencia será benvida, tamén novas ideas, na lista hackmeeting@sindominio.net

O programa final de conferencias e obradoiros estase a confeccionar neste intre. Este é un sistema totalmente aberto e calquera individual ou grupo que queira artellar obradoiros e conferencias sobre os seus temas preferidos pode facelo.

¿E PAGARANME A VIAXE SE DOU UNHA CHARLA

¿¿De onde ves para pedir cartos? Aquí estamos en crise e temos xente de Marte, moita. A non ser que veñas de mooooi lonxe, contamos con moi pouco orzamento. Pero dinos, dinos.

¿MASS MEDIA?

Temos pendente ultimar os obradoiros para que os mass media tamén poidan cubrir, se queren, o evento.

¿E PODO DOAR MATERIAL?

Pois claro, viñeches ó sitio axeitado. L+s de loxística están a ver qué material precisamos, pero calquera cousa é válida, seguro. Principalmente, HUBS ou switches, vellos PCs (386, 486,Pentium-torradoras), pezas ( tarxetas de rede, HD ...), regretas de enchufes, cable de rede, tarxetas wireless, portátiles, PDAs... Así que se alguén ten ou pode acadar algo, contádeo á lista (agardando que loxística se organice).

    copyleft logoAdvanced Hacking | 2002