madhack 2002 CSOA Labo3  

Navega por el hackmeeting virtual:
Manifesto Madhack02 * Call for Papers * FAQS
Material * Actividades * Espacios * Cómo llegar
Lista de Correo * Enlaces * WIKI * Propaganda

madhack 2002   en construcción permanente
   

hackmeeting madhack02 en CSOA labo03

   
 
 
manifesto

As vosas, cada vez máis obsoletas industrias da Información, perpetúanse a si mesmas propoñendo leis, en América e en calquera parte, que reclamen a súa posesión da verba por todo o mundo.

Estas leis declararían que as ideas son outro producto industrial, menos nobre que o ferro oxidado. No noso mundo, sexa o que sexa o que a mente humana poida crear pode ser reproducido e distribuído infinitamente sen ningún custo. O transvase global de pensamento xa non precisa de se facer nas vosas fábricas.



John Perry Barlow, declaración da independencia do ciberespacio.

Amplia-la ofensiva significa radicaliza-la insubordinación a cualquer xerarquía. Exercer a nosa creatividade destructiva contra a sociedade do espectáculo, sabotar as mercancías que sabotan as nosas vidas, xuntarse en asembleas elixindo delegados sempre revogables pola base, conectar tódolos lugares de loita, non descoidar ningún dos medios técnicos útiles para a comunicación liberada, dar un valor de uso directo a todo o que ten valor de cambio, organiza-la Autodefensa dos territorios conquistados...

Nanni Balestrini, Os invisibles.

Ollas ó mundo a traverso do monitor e móvelo cun teclado, elixes o teu medio de conexión favorito ou o que te deixen, só de telo xa es ditoso... Pasas noites en velorio diante das túas máquinas dándolles voltas, tentando entender que é o que está a pasar. "¿aínda non o ouviches?, o comenta a xente no barrio...".

Desenrolas, mantés, comunicas, aprendes, ensinas... ves de aquí ou de acolá, nin xulgas nin sentencias. Podes traballar ou non por cartos, mais aínda segues dándolle voltas, ¿pero isto que é...?, "onte lin algo diso, coido que tolearon", "Pois o meu curmán di que en EEUU xa os están a condenar a cadea perpetua, por algo será...".

Comezas dalgún xeito a facer un traballo social de base, sexa o teu arredor máis preto, medios ou compañeiros; ofreces o teu código á humanidade, tentando de ese xeito axudar a construí-lo camiño. Renegas ou consideras inxusto o actual sistema de control da información e o coñecemento, non por ir contra corrente, senón dende o convencemento de que outros sistemas son posibles, dende a visible e inxusta realidade dos medios de control do coñecemento a través das patentes, cara outros camiños abertos por novas redes. "¿e como é que lles deixan xuntarse?, ¿pero non eran terroristas?, aquí xa xulgaron a varios tamén".

Demasiado rápido, vas ollando que la balanza desequilíbrase cada día con máis descaro e facilidade.. total, esta todo xustificado. Uns saen á rúa, pintados ou disfrazados, outros cantan, outros xuntan moreas de xente, outros bailan pacificamente entre a súa miseria e outros comezan a se-la quitar a pancadas. Os nosos dereitos?, desaparecendo..., ¿o noso anonimato?, case escindido..., ¿a nosa independencia?, baixo mínimos..., ¿as nosas fronteiras?, ben graciñas... "¿e que van facer eses tolos perante 3 días?, oín que están organizados a nivel mundial, case que dá medo pensalo...", "pois eu lin o outro día na acp que so van falar, dicían que eran xente boa, que so quererán axudar, construír outros camiños máis ceibes e garanti-los dereitos de tod@s, pero meu rei non sei, dinse tantas cousas..."

3, 4 y 5 de Outubro, Centro Social Ocupado Autoxestionado "El Laboratorio3", rúa Amparo 103 (Barrio de do Lavapiés)

iokese, exercicio de sinceridade.

    copyleft logoAdvanced Hacking | 2002