Campaña
A mellor forma de avanzar cara a unha mudanza organizada é coordinarnos baixo unha campaña conxunta.
La Furgo é unha campaña para facilitar un traslado organizado dende as redes sociais comerciaiss ás autoxestionadas.
Cremos que hai suficiente consenso en que non podemos delegar as nosas relacións dixitais en mans das grandes corporacións. Cremos que unha mudanza tan grande necesita empezar polas contas dos colectivos sociais.
Queremos empezar acompañando aos colectivos sociais na súa viaxe cara ao Fediverso.
A mellor forma de avanzar cara a unha mudanza organizada é coordinarnos baixo unha campaña conxunta.
Somos conscientes de que cada movemento utiliza de forma diferentes as redes, que responden as súas necesidades. Queremos axudarvos a encaixar estas necesidades cos puntos fortes de cada rede
Recompilamos escándalos rechamantes das corporacións, difundimos argumentario por un internet libre, e proporcionamos guías e reflexións de como funciona o Fediverso.
Queremos achegarnos presencialmente (ou en remoto) a aqueles colectivos que queiran trasladarse ao Fediverso e axudarlles nos seus primeiros pasos.
Facilitamos exportar os contactos de Twitter que xa están no Fediverso, e ofrecemos unha lista voluntaria e pública de contas a seguir.
Construímos un nodo autoxestiona no corazón do Raval que pode acoller colectivos no seu sistema. Podédelo visitar en El Lokal!
De ‘federación’, ‘universo’ e ‘diverso’: unha rede informática de computadores que executan unhas aplicacións compatibles entre elas, orientadas a facilitar a interacción social. Recupera a idea radical dun internet descentralizado, onde estes servidores se federan libremente entre eles para interconectar os seus usuaries.
Concibido como unha rede de comúns dixitais, onde toda a comunidade goza de darlle vida á vez que o coida. A pesar de que cada nodo funciona como decide, en xeral confíase en que os membros de cada nodo faranse responsables da súa actividade. É dicir, de manter un clima respectuoso entre iguais, evitar o malgasto de recursos ou de informes de contas ou nodos hostís
Está formado por unha rede descentralizada onde prevalece a federación voluntaria de cada un dos nodos que compoñen a súa infraestrutura. Cada nodo é libre de decidir como organizarse, como sufragar os seus gastos e cales son o seu límites en cando a dimensión temática e relacións con outros nodos.
Un exemplo máis dun esforzo compartido por miles e miles de persoas para construír ferramentas útiles e que se entendan. O desenvolvemento discútese en aberto e a presión para que as decisións sexan xustas é intensa. O código de cada aplicación fediversal é libre, uns teñen licenzas máis permisivas con derivados comerciais (MIT), e outros están blindados (AGPL).
Moito do contido publicado no fediverso é público e, por tanto, como todo na internet, susceptible de ser recollido e acumulado ilexítimamente. Polo demais, tanto o software como les admins dos nodos comprométense a manter privado aquilo que se supón que é privado.
Feito para ser útil e divertido, sen obxectivos ocultos. Iso fai que non haxa funcionalidades trampa nin contidos patrocinados. Dáse moita importancia á experiencia das persoas cegas ou con baixa visión, e iso fai a rede máis acolledora para todo o mundo. A forma de ordenar os contidos é transparente, e o único algoritmo de recomendación son os propios impulsos dos teus contactos.
Débese escoller unha instancia (servidor ou nodo) onde aloxar a túa conta do Fediverso, da mesma maneira que cando nos abrimos un correo electrónico escollemos un servizo (Gmail, Outlook, Proton etc.). A elección dependerá de varias cuestións, así que entra e escolle o teu barrio!
É importante atopar xente nova a quen seguir no Fediverso! É por iso que algunha xente está a preparar “starter packs”, é dicir, listas de contas interesantes ordeadas por temática.
As redes sociais autoxestionadas pódense utilizar a través do navegador web pero tamén mediante aplicacións instaladas no móbil ou un computador. Aquí recomendámosche algunhas.
No fediverso está ben soamente mirar, pero mola presentarse! Coma non existen algoritmos que che recomenden,é guai facer unha primeira publicación.
Listado de palabras que poden requirir unha explicación polo feito de pertencer ao mundo informático.