¿Cómo nos trasladamos?
Atopa o teu barrio
Débese escoller unha instancia (servidor ou nodo) onde aloxar a túa conta do Fediverso, da mesma maneira que cando nos abrimos un correo electrónico escollemos un servizo (Gmail, Outlook, Proton etc.). A elección dependerá de varias cuestións, así que entra e escolle o teu barrio!
Nome | Idiomas | Tipo de rexistro |
---|---|---|
elbarri.online | ca, es | Invitación |
bcn.fedi.cat | ca, es | Invitación |
xarxa.cloud | ca, gl, es, en | Aberto |
anartist | ca, es | Invitación |
owo.cafe | es | Invitación |
mastodont.cat | ca | Aberto |
masto.es | es | Invitación |
kolektiva.social | en, de, es, fr, pt | Invitación |
mastodon.social | en, de, es | Aberto |
Contas recomendadas
É importante atopar xente nova a quen seguir no Fediverso! É por iso que algunha xente está a preparar “starter packs”, é dicir, listas de contas interesantes ordeadas por temática.
Aplicacións móbiles e de escritorio!
As redes sociais autoxestionadas pódense utilizar a través do navegador web pero tamén mediante aplicacións instaladas no móbil ou un computador. Aquí recomendámosche algunhas.
Nome | Android | iOs | Desktop |
---|---|---|---|
Tusky | |||
Rodent | |||
Fedilab | |||
tooot | |||
Moshidon | |||
Ice Cubes | |||
Trunks | |||
Tuba |
Fai a túa primeira publicación fediversal!
No fediverso está ben soamente mirar, pero mola presentarse! Coma non existen algoritmos que che recomenden,é guai facer unha primeira publicación.
O teu novo barrio
No Fediverso é importante coñecer os acordos de convivencia do nodo ao cal che uniches, e buscar outro se ves que non encaixas nada. Como que cada nodo funciona diferente, tamén hai que pescudar como funciona: quen o administra, quen forma parte do equipo de moderación, e como se sufragan os gastos do servidor, é dicir, como se financia.
Deconstruir lóxicas competitivas
Polo seu deseño e sobre todo por consenso social, no Fediverso non teñen cabida moitas lóxicas individualistas e patriarcais de Twitter e compañía. A pesar de que cada nodo funciona diferente, os seguintes valores son bastante transversais:
- Cortamos as conversacións que se poñen violentas. Aquí non hai nazis para insultar. - As contas fachas silenciámolas ** individualmente** e avisamos a les moderadores do nodo para que protexan ás veciñas de nodo. En casos extremos, pódense bloquexar nodos enteiros que permiten ou fomentan actitudes de merda. Fálase con #fediBlock - Escondemos as publicacións posiblemente retraumatizadoras ou perigosas cun “aviso de contido sensible”, cando falamos por exemplo de violencias a minorías, ou cando colgamos fotografías que poden ser inquietantes ou desagradables por exemplo por persoas con certo tipo de neurodivergencia. Así damos a todo o mundo a opción de ver ou non a publicación. Se soa difícil, non sufras, o máis importante é estar receptive, corrixir os erros, e ir aprendendo a ter en conta a todo o mundo ;) - Describimos as imaxes con “texto alternativo” (ALT) por non deixar fóra as persoas con visibilidade reducida. Como que a accesibilidade beneficia a todo o mundo, isto tamén axuda a entender o contexto dunha broma. - Fuximos das actitudes *followers-influencer e da obsesión polo alcance cuantitativo das publicacións. En cambio, valoramos moito máis a rede de contactos e a calidade humana das conversacións, axudámonos moito cando alguén se presenta, pide axuda, ou pregunta con #fediHelp
Algoritmos e rede de contactos
No Fedi non hai algoritmos que deciden por nós que nos pode interesar máis e o que nos esconde e o que non. E cando hai un que ordena as publicacións segundo criterios diferentes, avísase explicitamente. O algoritmo o facemos nós coas recomendacións, seguindo a xente nova e deixando de seguir a quen non nos interesa. Tamén se poden facer listas de contas separadas.
Por iso ao principio de crear unha conta, a liña de publicacións aparece baleira. Pero esta é só a liña persoal. En Mastodon e similares, tamén existe a liña local, onde podes atopar as publicacións das túas veciñas do nodo, e a liña federada, onde podes atopar todo o contido que vos chega ao nodo. Ver que fan e que din os teus veciñes é a mellor maneira de empezar a construír unha rede de contactos valiosa.
Presentación
A segunda maneira de facer rede é presentarte! Pero non o fagas antes de pór unha imaxe de perfil e un mínimo de descrición de qué é o que buscas no Fedi na autodescripción ou no “bio”. Unha boa presentación ten:
- A etiqueta #presentacio ou #presentacion
- O nome é xénero con que queres que se dirixan a tí, o que tipo de colectivos sodes no caso en que sexades un colectivo.
- Que tipo de contas e contidos buscas, como é a rede de contactos que gustaríache crear.
- Se é moito máis elaborada ca descripción quizáis a queras fixar por un tempo. É sobre todo, contesta á xente cando che responda!🥰
Glosario
Listado de palabras que poden requirir unha explicación polo feito de pertencer ao mundo informático.
Persoa que ten os coñecementos para xestionar servizos dixitais (por exemplo, un nodo federado) instalando e actualizando os programas necesarios para telo operativo.
Programa informático que pode estar deseñado para parecer como unha persoa humana. En función de quen o programe, servirá para uns propósitos ou outros.
É a intercomunicación entre servidores da internet segundo unhas mensaxes estandarizadas. Algúns sistemas federados que talvez coñezas son: o correo electrónico, o chat Matrix e as redes sociais do Fediverso.
De ‘federación’, ‘universo’ e ‘diverso’: unha rede informática de computadores que executan unhas apliaciones compatibles entre elas, orientadas a facilitar a interacción social. Recupera a idea radical dunha Internet descentralizada, onde estes servidores se federan libremente entre eles para interconectar o seu usuariado.
Publicacións cronolóxicas que permiten visualizar o contido xerado polas contas dun mesmo nodo.
Publicacións cronolóxicas que permiten visualizar o contido xerado por contas que non seguimos pero que interactuan con contas do noso nodo.
Publicacións cronolóxicas que permiten visualizar o contido xerado polas contas que hemos decidido seguir.
É quen se encarga de revisar que se cumpran os acordos de convivencia. En elbarri.online facémolo colectivamente coa conta de @laportera.
Servidor do Fediverso. Ten instalado un programa (Akkoma, ou Mastodon por exemplo) baixo un dominio concreto (como bcn.fedi.cat ou fem.elbarri.online), e que pode dar servizo a unhe ou diverses usuaries. Tamén se chama “instancia” ou “instalación” ou, de forma máis ambigua, “servidor”.
Rede formada polas contas que segues, séguenche, ou de quen che chega ou a quen chegas a través de contactos directos. Constrúese e vaise mellorando aos poucos.
Preferimos termos como “plataforma social” ou “medio social”, para non renegar do significado real, que é unha rede humana formada por relacións sociais, sexan ou non en liña. Con todo, na campaña rendémonos ao obxectivo de facernos entender por máis xente. Diferenciamos entre as redes sociais capitalistas, corporativas, de espionaxe, publicitarias, privativas ou ultimamente mesmo fascistas; das redes sociais libres, autoxestionadas, federadas ou descentralizadas.
Ordenador que ten instalados programas que permiten ofrecer servizos a través de Internet.
Persoa ou programa que causa molestias a unha ou diversas usuarias. A súa intención é provocar e non debater. Ás veces, os trols non son persoas; son bots. Unha frase antiga da internet é “non alimentes ao trol” e recomendamos non perder tempo con estas conversacións e dedicar o teu tempo nos temas que realmente che interesen.
Conta fediversal que non pertence á nosa liña local e que non se mostrará na nosa liña federada se ninguén da nosa liña local interactúa con ela. Liña persoal Publicacións cronolóxicas que permiten visualizar o contido xerado polas contas que decidimos seguir.
Persoa ou colectivo con quen comparte nodo no Fediverso e, por tanto, liña local, acordos de convivencia e certa responsabilidade de contribuír ao nodo.