BolUNED é un boletín realizado por
algúns membros e colaborador@s de ALUNED e como outros proxectos
desta asociación surxe por e para os alumnos e alumnas da UNED. Para obter este boletín
periodicamente (gustaríanos que fose cada mes) tan só
terás que suscribirte a unha lista de correo, dío ao fondo
da súa web.
Baixo esta premisa trataremos de informar dos temas que cremos que
interesan ás alumnas e alumnos desta universidade
(virtualización do ensino, o interesante do BICI, artigos de opinión sobre
o ensino, consellos útiles de alumn@ a alumn@ de cara a
sobrevivir nesta universidade, ademáis dunha sección de
enlaces ás novedades do noso sitio web, WAINÚ, UNED-Ciencias e doutros sitios
de interese para o alumnado da UNED).
De calquera xeito, lembrámosvos que a máxima
aspiración deste boletín é que sexa feito por tod@s
e para tod@s os alumnos e alumnas da UNED. Así que para iso
necesitamos a túa colaboración, aportando artigos, ideas,
opinións sobre o boletín. Todo vale, todo nos
interesa. PARTICIPA.
|