Nesta sección iranse poñendo protestas que levemos a cabo ou
nas que participemos e sexan externas a nós. Xunta delas poremos
informacións relativas a elas, como artigos feitos por nós
ou por outra xente sobre o tema, si tivo éxito a protesta, etc.
Polo uso de formatos non
propietarios de documentos electrónicos na UNED
Esta protesta comenzou o día 8/11/2000, e trata de erradicar o uso
de formatos propietarios para documentos electrónicos en calquera
ámbito da UNED, comezando por documentos que involucren a persoas
externas ao personal da propia universidade. Sen dúbida isto ten
como fondo o uso de software libre que traia liberdade @s usuari@s.
O artigo Los
formatos propietarios y la UNED escribiuse con ese
propósito, e apareceu no número 1 do BolUNED.
Polo momento tomouse como medida protestar mediante o envío dunha
mensaxe de correo electrónico ao enderezo citado no BICI ao que se
refire o artigo. Polo momento estamos agardando e seguimos atent@s a
posibles novos casos deste tipo que se poidan dar na administración
da UNED.
Contra o informe Bricall
¿Alguna asociación universitaria pode quedar á marxe
deste tema tan candente? Cremos que non, e por iso non queremos ser a
excepción.
Podes ler o artigo escrito para iso, El informe Bricall;
manterémosvos informad@s.
|