O noso contacto co IUED (Instituto
Universitario de Educación a Distancia) comezou en xullo do ano
2000. O IUED dispón da plataforma ArsDigita (é software libre), que é un
software de traballo vía web.
Permite ter grupos de traballo, con usuari@s rexistrad@s (simplemente
enderezo de correo electrónico e clave, necesario para o
funcionamiento da plataforma, non por otra cousa), e unha vez feito isto
pódense usar os seus múltiples servizos (tanto xerais, de
todo o IUED, como específicos para cada grupo): novas, foros,
áreas de almacenamento de ficheiros para compartilos co resto do
grupo, chats, axendas, páxinas web, páxinas persoais e
unha boa cantidade de servicios máis. Hai que ter en conta
ademais que é unha plataforma en pleno desenvolvemento, e que
cada vez se incorporan máis e máis servizos ...
Por iso desde o principio pensamos que era unha boa idea ter alí
tamén un espacio de ALUNED, aínda que preferimos botar man
doutras ferramentas para determinadas tarefas, por diferentes motivos.
Podes acceder ao noso grupo no IUED directamente con este enlace. Para poder
participar sen embargo, primeiro has de rexistrarte como
usuari@, e posteriomente inscribirte
como membro do noso grupo.
|