Mientras no se diga lo contrario los contenidos de este sitio están bajo:
Contacto: <aluned@sindominio.net>.
|
Abril 2000: Nunhas conferencias anunciando unha convivencia en
Palencia, na que facían a presentación a "crem" da "crem"
da UNED, uns cantos alumnos comezan a
pedir e comentar cousas do funcionamento xeral da UNED, sinal
inequívoco da desamparación que teñen á hora
de poder comentar todo este tipo de problemas. Parte deses alumnos
comezan a xestar a idea dunha Asociación de aLumn@s da UNED.
Maio 2000: Créase unha lista de distribución, que
se anuncia nas news, con xente principalmente de informática,
nese mes a cousa vai moi parada polo tema dos exames. Aínda
así fálase co Director do centro de Madrid (Las Rozas)
para que nos asignen aulas para grupos de estudio e nos deixen un corcho
para poder dar os nosos avisos (non se fai ningunha das dúas
cousas, pero é o principio :-).
Xuño e Xullo 2000: Empeza a asociación propiamente
dita, nada máis rematar os exames a lista de distribución
empeza a funcionar, decídese o aloxamento das páxinas web,
optándose ao final por SinDominio, un proxecto con experiencia
en asociacións estudiantís e aos que pedimos axuda antes
de empezar para temas como o Informe Bricall. Comezan os proxectos
máis inmediatos e unha planificación dos mesmos (ForUNED e
BolUNED). O trafego nas listas é suficiente para poder empezar a
perfilar os proxectos. Creamos un grupo no IUED (http://www.iued.uned.es/groups/ALUNED).
Agosto 2000: Debido ao excesivo trafego que hai na lista xeral,
créanse dúas paralelas para tratar dous temas propios:
aluned-web, para todo o relacionado coas páxinas web, tanto as da
asociación como o ForUNED; e aluned-boletín, para todo o
relacionado co BolUNED. Imos separándonos en proxectos para
dividir o traballo.
Setembro 2000: Mes de inauguracións, despois de moitas
probas e moito curre pola noite, sae á luz o ForUNED (día
18), un proxecto pensado para poder ter unha rápida, horizontal e
clara comunicación entre @s alumn@s de todas as carreiras e do
curso de acceso.
Outubro 2000: Seguimos abrindo brecha :-), ao final publicamos as
ansiadas páxinas web (16 de Outubro) nas que poñemos as
FAQs (preguntas máis frecuentes) para poder centralizar
alí as dúbidas que nos fagan chegar, por suposto
están en constante renovación, tanto as FAQs como as webs,
pois debe ser un sitio dinámico onde plasmar as nosas inquietudes
e que reflicta os nosos movementos.
| |