Contacta

Hai moitas maneiras de contactar con nós. Podes facelo a través do noso correo electrónico no enderezo piratona@sindominio.net, ou a través das redes sociais. Se tes algo que dicir, debatir, denunciar, anunciar, ou enviarnos as tuas opinións, críticas, suxeréncias, etc. estes son os medios para facelo.


Colabora

Hai moitas maneiras de colaborar con nós. Podes escoitar a nosa programación e enviarnos as tuas opinións, críticas, suxeréncias... Podes facelo a través do noso correo electrónico no enderezo piratona@sindominio.net, ou a través das redes sociais. Se tes algo que dicir, debatir, denunciar ou anunciar, este é o teu medio.

Tamén podes participar nas actividades extraradiofónicas que organizamos con frecuencia. Estas actividades teñen unha dupla función: por unha banda son espazos de encontro coa nosa audiéncia e con ex-piratas e piratóns, e por outra serven para sacar un pouco a flote a nosa sempre deficitária economía coa venta de material como os chisqueiros, cd's, camisolas, etc. que podes atopar á venta en algúns locais.

Por outra banda se o que queres é facer un programa, ponte en contacto con nós. Antes de comezar a emitir, é preciso pasar por un obradoiro, onde te explicaremos polo miudo como funciona á radio, tanto no aspecto ideolóxico como no técnico e humano, e cales son os requerimentos para formar parte do colectivo. En calquera caso, non é imprescindíbel facer un programa para formar parte da radio, apenas ilusión, gañas de participar e un pouquiño de tempo. Asi que xa o sabes, agardámoste.