Nós

Radio Piratona

Radio Piratona é unha radio libre que emite desde Vigo, cunha longa historia ás suas costas. Un feixe de anos que deron cabida a moi diversas etapas, pero sempre mantendo esa cualidade de radio libre, medio de comunicación para as voces sen eco nos grandes medios.

Nunha sociedade que ten unha realidade altamente centralizada e uniformizada pola información, onde os medios de comunicación son poder e están ao servizo do poder, as radios libres xurden ante a necesidade e o dereito que toda persoa e colectivo ten a expresar libremente opinións e a criticar e ofrecer alternativas a todo o que nos afecta directa ou indirectamente.