Declaración ideolóxica
Voz d@s sen voz
Radio Piratona é a voz dos sen voz, a radio daquelas persoas colectivos e redes sociais, culturais… marxinados nos medios de comunicación convencionais, que non teñan acceso a eles, e que deste xeito son silenciadas, tratando temas que habitualmente non teñen cabida nos medios de comunicación convencionais. Para chegar a conseguir isto, debemos ter en conta que abrir os nosos micros non significa erixir-se en portavoces de ninguén. Deixaremos que, cando sexa posivel, serán las propi@s protagonistas destas realidades as que falen e se expresen, convertindo ademais a radio nun canle de comunicación entre el@s, e tratar de achegarlles o noso proxecto para integra-l@s no mesmo.
Radio asemblearia
A radio é democrárica, facilitando a quen a integren, propoñan ideas e opinen sobre as dos demais para chegar a acordos comúns. O modelo adoptado, é o asembleario, existindo métodos de avaliación das asembleas para corrixir posibles xogos de poder, que fagan que algunhas persoas poidan ter máis capacidade de decisión ou influencia co resto. Así mesmo, @s integrantes da radio procurarán sempre, pensar e actuar como colectivo, evitando posturas egoístas ou intransixentes.
Capitalismo e Autoxestión
Radio Piratona apoia un modelo económico no que o importante sexan as persoas, o seu desenvolvemento persoal, modelo que non permita a existencia de relacións de dependencia entre as persoas nen entre os pobos. O modelo de xestión económica de Radio Piratona é polo tanto reflexo da súa ideoloxía, tratando de procurar espacios ou núcleos de resistencia para frenar o sistema actual. Pretende fomentar a axuda mutua e cooperativismo no funcionamento interno da radio, e queremos que a nosa financiación esté dirixida por uns principios éticos. Radio Piratona que a autoxestión é un modelo ideal para esta radio, xa que permite e esixe a responsabilización das persoas que forman o colectivo, e non a fai depender de nada que non sexa nós mesm@s. A radio quere que este "nós" se entenda no seu senso mais amplo, incluíndo na autoxestión económica deste proxecto e na necesidade de manter espacios de comunicación e información alternativos e antagonistas. Desde Radio Piratona apoiamos todas aquelas formas alternativas de relacións económicas, como o Comercio Xusto, polo que representa de procura de solucións e concienciación.
Defensa do Medio
A radio defende un desenvolvemento da humanidade, respetuoso coa natureza e se implicará de xeito activo na defensa do medio ambiente actuando en distintos puntos:
- Denunciar os atentados contra o medio ambiente.
- Promover alternativas que posibiliten un aproveitamento racional e ético dos recursos (uso do papel reciclado, enerxías alternativas, veganismo como alternativa á expoltación animal...).
- Colaborar con grupos ecoloxistas e outros colectivos sociais, na difusión de campañas de concienciación, mediante a elaboración de cuñas publicitarias, entrevistas en directo, e outras formas de apoio que se consideren en cada momento.
- Aplicar internemente a regla dos tres erres: reducir, reutilizar e reciclar (reutilización de papel por 2 caras, papel reciclado nos carteis...).
Discapacidade
A radio debe ser un espacio aberto á participación de todos aqueles colectivos que estan marxinados dunha ou outra maneira por esta sociedade, debe ser a voz dos sen voz. Por iso é polo que o colectivo dos discapacitados en xeral debe estar representado nela, tanto a nivel interno (programas feitos polos propios discapacitados como medio de integración da sociedade), así como a nivel externo, contando con xente discapacitada como invitada, xa que el@s son @s que mellor poden falar sobre as suas problemáticas sociais, pois son os quen máis directamente as viven. A radio debe tratar de eliminar todas aquelas barreiras tanto físicas como por suposto mentais. A radio debería desterrar do seu vocabulario a palabra minusválido e empregar a de discapacitado, posto que ninguén é "menos válido" que outr@.
Galego
O idioma da Radio Piratona é o galego. A radio debe ser un medio de normalización e de espallamento da cultura galega. Por todo isto, este colectivo expresarse en galego, tanto nas ondas coma noutromedio de comunicación empregado, e porá os medios necesarios para que tamén exista unha normalización lingüística das persoas que integren o colectivo.
Carácter local
Radio Piratona é unha radio de caracter local, é decir, debe preocuparse do que ocorre no seu entorrno máis inmediato, que é Vigo e os seus arredores. Isto non quere decir que a radio se peche ó que sucede noutros lugares, xa que fora de Vigo poden estar levá a cabo moitas loitas que nesta cidade non teñen reflexo, e das que debemos aprender. A radio debe facer un esforzo para conseguir que as novas de caracter local ocupen un lugar igual de importante na programación que aquelas que non nos chega de fora, que polo propio feito de vir xa elaboradas e en gran cantidade, poden chegar a acaparar gran parte da información que ofrece a radio. O xeito de conseguir que a programación da radio teña un caracter máis local, pasa porque a radio se ofreza os diferentes colectivos e persoas da cidade para que est@s utilicen a radio como medio de expresión. A radio respaldará as campañas que se leven a cabo a nivel local, e intentará se é posível que as novas se leven a cabo polas propias protagonistas. A radio está para conseguir que se leve a cabo unha comunicación de carácter horizontal, debe ser un medio de comunicación que rache co illamento no que se mantén ás persoas respecto do medioque as rodea.
Sexismo
Mulleres e homes debemos ser tratad@s con dignidade,polo tanto, a Radio Piratona comprométese co emprego dunha linguaxe non discriminatoria ( e non simplemente non-sexista). Por todo isto, tanto nos programas como nas asdembleas, ou en calquera acto organizado pola radio, non se admitirá o emprego dunha linguaxe discriminatoria. Todas as actitudes sexistas ou discriminatorias das que teñamos coñecemento serán denunciadas polos nosos micros, e en aquelas situacións nas que se observe unha tendencia a discriminación, farase un especial esforzo para evitar este tipo de comportamentos sexistas. A asemblea da radio comprométese a artellar os mecanismos internos necesarios para descubrir e evitar este tipo de actitudes.
Militarismo
Radio Piratona posiciónase en contra do militarismo ó consideralo un medio para oprimir ós pobos e rexeita os valores fascistas que este promove de discriminación, non respeto e negación do pensamento individual.
Racismo
Débese garantir a participación de persoas ou colectivos independentemente da súa raza e cultura. A radio, denunciará calquera actividade racista (verbal, escrita, física...) e a quen provoque dita actitude, e colaborará con colectivos da cidade, que favorezan a integración dos inmigrantes a través do coñecemento das súas culturas e a súa realidade vital.