As listas de correo son a nosa base de comunicación fundamental,
sen elas sería imposible a coordinación de todos os
proxectos que creamos e que van saíndo, o debate sobre diversos
temas, as asembleas "virtuais" para tomar decisións
críticas para a asociación, etc.
Temos unha lista privada en SinDominio na que se poden decidir
cousas delicadas (como cousas relativas a protestas) e na que se recibe
o correo da nosa conta <aluned@sindominio.net>.
Requírense algunhas condicións especiais para estar nela
(por temas de seguridade), pregunta na nosa lista asemblea xeral se
queres estar nela.
Polo momento todas as nosas listas públicas están en Yahoogroups (dispoñible noutros
idiomas. Polo xeral, substitúe o "www" por "es" ou outro
código de idioma para navegar por Yahoogroups co teu idioma
preferido). Para ler ou mandar mensaxes por medio das webs de Yahoogroups
necesitas estar rexistrad@
como usuari@ de Yahoogroups, e isto é independente de ser membro
da lista.
As listas poden ter unha política de subscripción aberta
ou moderada, e o mesmo para mandar mensaxes, para lelas, etc; así
que depende de cada unha delas. Polo xeral é posible suscribirse
escribindo a <nome_da_lista-subscribe@yahoogroups.com>, pero
iso imposibilita ler e mandar mensaxes por medio da web de Yahoogroups se
non se está rexistrad@. Para calquera dúbida contacta connosco.
En definitiva, as nosas listas:
AVISO IMPORTANTE: algunhas listas son de libre acceso e non está
moderada, co cal mandar mensaxes é libre, por iso, é
posible que ante determinados organismos (academias, spamm, personaxes)
haxa que actuar de xeito contundente, pois está prohibido valerse
da lista para obter publicidade, información sensible ou
simplemente resarcirse de algo.
|