[ ALUNED: Asociación de aLumn@s de la UNED ]      Lazo negro ante los atentados en Madrid
Aluned en tu lengua
català
castellano
euskara
galego

Error: No es posible encontrar los titulares del Foruned...

Valid CSS! Valid HTML 4.01!

Mientras no se diga lo contrario los contenidos de este sitio están bajo:

Creative Commons License

  Contacto: <aluned@sindominio.net>.

Como se di na descrición, estas páxinas son a nosa presentación ante o mundo, así que necesitan de bastante dedicación e actualización constante. Aínda que non teñas coñecementos técnicos sempre poderás opinar sobre elas, indicarnos como melloralas ou avisando de enlaces perdidos por exemplo.

Tamén cremos que é importante poder telas traducidas a varios idiomas, en especial aos catro idiomas oficiais do estado; pero non sabemos todos os idiomas e seguramente faltarán páxinas dalgúns deles (ou estarán incompletas ou desfasadas). Unha axuda neste terreo sería moi de agradecer ;)

Non están deseñadas co propósito de ser bonitas (aínda que sempre é desexable ter un deseño atractivo), ou de incorporar as últimas capacidades multimedia de certos navegadores (que por definición exclúen ao resto). Nesta asociación por iso apoiamos a campaña de Any Browser (dispoñible noutros idiomas, en especial castellano, català e galego).

Queremos que teñas un acceso rápido a toda a información dispoñible desde este sitio web, e isto non só se consegue coa práctica ausencia de gráficos (tan só o noso logotipo) senón tamén cunha estructura clara.

Estas páxinas procuran seguir o estándar HTML 4.01 Transitional especificado no W3 Consortium (aínda que tamén se ven con igual "calidade" con navegadores que soportan especificacións anteriores); e probamos con diferentes navegadores dispoñibles ao noso alcance (incluso con algúns de modo texto), sendo perfectamente navegables con todos eles. Por favor, avísanos se tes calquera problema relacionado con isto en <aluned@sindominio.net>.

Actualización: 26/2/2003  ALUNED Asociación de alumnas y alumnos de la UNED